Cuarto de

Lúa

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

Esta habitación, xunto co Cuarto de Sol, está no antigo faiado da casa, co teito abufardado,  con dúas camas individuais que se poden colocar xuntas ou separadas. Ten un cuarto de baño completo, con bañeira.

Ten unha xanela baixa, no dormitorio, e tamén xanela no teito, tanto dormitorio como no cuarto de baño. É un cuarto moi bonito, e moi acolledor. Permite a posibilidade de instalar outra cama extra, individual, quedando así un cuarto triple.

O seu teito inclinado está aproveitado ata case o chan, aínda que as persoas moi altas teñen que ter coidado de se achegaren moito á beira.

Habitación
  • 2 camas individuais (90 cm)
  • Posibilidade de camba individual extra ou berce
Baño
  • Baño completo (bañeira)
  • Secador de pelo
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

Checkin & Checkout
Tempada alta: o horario de entrada é a partir das 16h, e de saída ata ás 12h.

Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo