Cuarto de

Sol

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

É a habitación mais grande da casa, no baixo cuberta só hai dous cuartos e o de Sol ocupa máis da metade do espazo total. A distribución desta habitación é un pouco especial, ten unha cama de 1, 50 cm., unha bañeira de hidromasaxe e un lavabo de madeira no mesmo espazo do dormitorio, con cuarto de baño  aparte.  Ten capacidade para instalar dúas camas extra.

O cuarto de Sol, ademais de ser unha habitación moi romántica, ideal para parellas, tamén é unha habitación moi familiar, xa que a súa amplitude permite que se podan instalar dúas camas individuais máis, de 90 cm, e incluso un berce ao mesmo tempo, aínda que naturalmente o espazo vese reducido, o mais cómodo nestes casos, sempre que a idade dos rapaces o aconselle, é repartir á familia entre o cuarto de Sol e o de Lúa para os pequenos, de xeito que fica a familia toda xunta, nun andar completo só para ela.

Atópase no baixo cuberta, polo que ten o teito inclinado, coa estrutura das trabes demadeira á vista. Dispón dunha xanela no pinche e dúas velux no teito, , unha no dormitorio e outra no cuarto de baño.

WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

Habitación
  • Cama dobre (1.50 cm)
  • Posibilidade de 2 camas individuais extra e berce
Baño
  • Baño completo con ducha e bañeira de hidromasaxe
  • Secador de pelo
  • Espello de aumento
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
Comida e bebida
  • Neveira compartida na cociña
  • Fervedor de auga e infusións
Idiomas falados
  • Galego
  • Español
  • Inglés
Checkin & Checkout

O horario da entrada é desde as 13 ás 21 horas. O de saída ata as 12 horas.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo