Cuarto da

Madriña

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

Esta habitación está decorada en cores azuis. É un cuarto amplo, con dúas fiestras no dormitorio, unha das paredes é de pedra de granito á vista. Ten unha cama de 1,35 cm. con cabeceiro antigo de madeira de cereixo decorado con preciosos debuxos.  O cuarto de baño é interior, ten un lavabo con moble de madeira e conta con bañeira de hidromasaxe. Dispón de espazo dabondo  para unha cama supletoria y un berce cando fan falta.

O mellor recordo que teño da miña madriña son as súas patacas fritas onduladas o día de ano novo mentres víamos os saltos de esquí.  Cortábaas con unha lata de ondas que tiña o borde afiado, supoño que a traería de Alemaña, o mesmo que o fervedoiro eléctrico do leite, o pasa puré e algunha outra cousa curiosa que había pola casa desde que ela volvera da emigración.

O seu cuarto era un lugar prohibido para os nenos, pero aínda así agochabámonos no seu enorme armario de tres portas e decorabámolo por dentro con cromos, algunha aínda quedou, como poderedes ver.

WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

Habitación
  • Cama dobre (1.35cm)
  • Posibilidade de cama individual extra e berce
Baño
  • Baño completo (Bañeira de hidromasaxe)
  • Secador de pelo
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
Comida e bebida
  • Neveira compartida na cociña
  • Fervedor de auga e infusións
Idiomas falados
  • Galego
  • Español
  • Inglés
Checkin & Checkout

O horario da entrada é desde as 13 ás 21 horas. O de saída ata as 12 horas.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo