Cuarto da

Avoa

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

O cuarto da avoa ten dúas xanelas no dormitorio. A cama, de 1.50 cm. ten o cabeceiro de forxa de ferro. Aquí a parede ten a pedra á vista, o resto do cuarto está pintado en tons cálidos. O armario e as mesas de noite altas son reliquias familiares con máis de cen anos de coidado uso.

O cuarto de baño, en tons azuis e brancos é interior, tamén dispón de bañeira de hidromasaxe.

O cuarto da miña avoa era antigamente o mais grande da casa, porque ocupaba tamén o espazo do que hoxe é o baño do Cuarto da Cheminea. Tiña, ademais da cama de matrimonio, un berce e unha cama pequena para os nenos, a miña nai lembra que cando algún estaba enfermo podía durmir na habitación dos pais, e no berce sempre había un bebe, porque a miña avoa tivo seis fillos.

WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

Habitación
  • Cama dobre grande (1.50 cm)
Baño
  • Baño completo (Bañeira de hidromasaxe)
  • Secador de pelo
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
Comida e bebida
  • Neveira compartida na cociña
  • Fervedor de auga e infusións
Idiomas falados
  • Galego
  • Español
  • Inglés
Checkin & Checkout

O horario da entrada é desde as 13 ás 21 horas. O de saída ata as 12 horas.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.  

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo.