Planta alta
No faiado, dous cuartos co teito abufardado: o Cuarto de Sol e o Cuarto de Lúa. Acolledores e cheos de luz natural.
A casa por dentro
Pasa o rato (ou toca no móbil) polas distintas zonas da casa para coñecelas a fondo.
No faiado, dous cuartos co teito abufardado: o Cuarto de Sol e o Cuarto de Lúa. Acolledores e cheos de luz natural.
Catro habitacións dobres con baño completo: Madriña, Tío Cura, Cheminea e Avoa. Cada unha coa súa cor e a súa historia.
A cociña, o comedor, a sala de estar, un aseo e o Cuarto de Palmira, accesible para persoas con mobilidade reducida.
Piscina con cuberta retráctil, aberta todo o ano para gozar do baño en calquera estación.
Unha gran finca pechada, rodeada de prados e fragas, con hórreo, garaxe cuberto para os coches e amplas zonas verdes para relaxarse ao aire libre.
Un porche con grella xunto á piscina, con porta acristalada corredoira nun lateral, perfecto para xantares e ceas ao aire libre coa familia ou os amigos.
O encanto da casa galega tradicional
Pedra e madeira, mobles e detalles de museo, lareira, forno de leña, hórreo, grella exterior… e, ao mesmo tempo, todas as comodidades dun retiro con encanto: calefacción, hidromasaxe, piscina. Desfruta do turismo dende un entorno de calma e natureza.
Tódalas nosas habitacións teñen baño completo e están decoradas de cores e estilos diferentes, mantendo sempre unha estética minimalista para que non te sintas en casa allea, pero con detalles escollidos con mimo para que desfrutes do ambiente rústico e tradicional comodamente.
A Ría da Estrela: a esencia das rías galegas de antes
Na Ría de Muros e Noia, a só un quilómetro dunha vila con todos os servizos e a sete minutos da primeira das marabillosas praias que salpican toda a costa galega. A vinte minutos de Santiago de Compostela. Afastada do barullo, pero cerca de todo.