Habitacións

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo

Tódalas nosas habitacións teñen baño completo e están decoradas de cores e estilos diferentes, mantendo sempre unha estética minimalista para que non te sintas en casa allea, pero con detalles escollidos con mimo (cadros, papel pintado, sabas brancas de algodón bordado, colchóns e almofadas de viscolatex, toallas grandes, paredes de pedra vista, flores naturais…), para que desfrutes do ambiente rústico e tradicional coas comodidades actuais.