Camiño de Santiago

O 15 de decembro do 2020, o Cabildo Catedralicio recoñeceu oficialmente o Camiño de Santiago da Ría de Muros-Noia como Ruta Xacobea en igualdade de condicións que o resto dos camiños, polo tanto os peregrinos que o fagan poden obter a Compostela.  A Ría de Muros-Noia, terra de mariñeiros e labregos, é sen dúbida un lugar que paga a pena descubrir. O Camiño de Santiago da ría Muros-Noia é unha ruta moi singular, donde as bonitas paisaxes, o mar e o bo tempo, chaman a atención de centos de visitantes e peregrinos que queren desfrutar dunha experiencia única. Pode comezarse por mar, xa que se teñen en conta as millas náuticas para a obtención da compostela, ou facerse a pé, en bicicleta ou a cabalo. Escolle a Casa de Roque como base para facer cada etapa, e volve despois das camiñatas a relaxarte na nosa piscina, repoñendo forzas cun churrasco no noso gran soportal con grella.

Explora a ruta Ría de Muros Noia, Camiño de Santiago

Explora a ruta

O encanto da casa
tradicional galega

Aluguer casa completa