Prezos e Reservas
Prezos
Atopa o mellor prezo para as súas vacacións
Casa completa
Tempada baixa | 350 € |
---|---|
Tempada media | 400 € |
Tempada alta | 500 € |
– Estancias longas TB(máis de 7 días): 20 euros por persoa (mínimo 7 persoas) Para máis ou menos persoas ou días consultar prezo.
OFERTA
Casa completa para 14 persoas, por DÚAS noites. Oferta aplicable en tempada baixa de luns a xoves. Máis persoas ou días consultar (607 27 44 92)
Tempada baixa entre semana | 600 € |
---|
Consulta ofertas puntuais indicando as datas no noso apartado de reservas on-line

Cama supletoria
Cama individual de 90 cm | 15€ |
---|
Podense instalar ata catro camas supletorias

Eventos
Celebracións que impliquen máis asistencia que as persoas aloxadas: 60 €
Xantares
Prezo: 9 €
Podemos facer comidas para grupos puntualmente, a nosa especialidade é o cocido, non inclúen servizo.
Á carta
Para comidas á carta, a carón da casa hai un restaurante co mesmo nome: Casa de Roque, é o edificio que antigamente servía de secadeiro e cuberto, xa non levamos nós a xerencia, o seu teléfono é o 981 850 450. Tamén para comer á carta, ou para levar para a casa, existen restaurantes, parrilladas e pizzerías no pobo de Serra de Outes, a menos dun kilómetro.
Bebidas e outros produtos
A casa dispón de refrescos, viños, champagne, e outros produtos (bombons, flores…) para o consumo dos clientes, previa petición. (Consultar prezos)
Mascotas
5 € /día. Admítense mascotas baixo petición, as condicións da reserva implican que:
- A mascota debe contar coa súa cama ou transportín e non poderá usar as camas e sofás do aloxamento
- Os donos son os responsables dos danos que sufra a mascota por morder cables ou outros obxectos e tamén dos perxuizos que ocasionen
Checkin & Checkout
O horario de la entrada é desde as 13 ás 21 horas. O de saída ata as 12 horas.
É preciso avisar o día anterior da hora prevista de chegada.
Anulacións/Cancelacións
O encanto da casa
tradicional galega
Aluguer casa completa ou por habitacións