Cuarto da

Cheminea

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

Está decorado en cor morado. Ten unha fiestra no dormitorio e outra no baño. Dispón dunha cama de 1,50 cm. en madeira de castiñeiro, a xogo coas mesas de noite, que xa formaban parte do mobiliario da casa en tempos dos avós. Neste cuarto pódese engadir unha cama supletoria (de 90 cm.) ou un berce, se é preciso. Ten cuarto de baño completo, con bidé e bañeira.

Como o seu nome indica este cuarto atópase xusto enriba da lareira, e a subida da cheminea ocupa parte da parede do fondo. Antes da reforma este era tamén o cuarto das huchas, xa que nel se gardaban os baúis coa roupa branca e as mantas.

Habitación
  • Cama dobre 1.50cm
  • Posibilidade de cama individual (90 cm) extra ou berce
Baño
  • Baño completo (bañeira)
  • Secador de pelo
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

Checkin & Checkout
Tempada alta: o horario de entrada é a partir das 16h, e de saída ata ás 12h.

Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo