A Casa

Turismo Rural de Galicia

Benvido a Casa de Roque

Aluguer casa completa (7 habitacións dobres)
Capacidade:  ata 18 persoas (4 en cama extra)

Casa de Roque está nunha pequena aldea rodeada de prados e fragas, con fácil acceso, a só un quilómetro dunha vila con todos os servizos e a sete minutos da primeira das marabillosas praias que salpican toda a costa galega. Afastada do barullo, pero cerca de todo.

Casa de Roque ten a seguinte distribución:

  • na planta baixa, está a cociña, un aseo, o comedor, a sala de estar e unha habitación, o Cuarto de Palmira;
  • no primeiro andar hai catro cuartos, de dereita a esquerda: Madriña, Tío Cura, Cheminea e Avoa
  • na planta alta, no faiado, hai dous cuartos: Cuarto de Sol e Cuarto de Lúa

A casa atópase nunha gran finca pechada, moi preto dun magnífico restaurante.

Ten un porche con  grella  cerca da piscina,  cociña interior e a lareira. A casa dispón de tódolos utensilios precisos para residir comodamente ata 18 persoas: cociña de gas de 2 lumes, cociña vitro cerámica de 4, forno eléctrico, forno microondas, espremedor, cafeteira eléctrica, torradora, batedor, lavalouzas,lavadora etc. Tamén dispón de moita vaixela, cristalería e cubertos, panos da louza e produtos de limpeza.   Os cuartos están equipados con toda a lencería precisa e con xabón de mans e xel/champú. Hai secador de pelo en tódolos cuartos.

Non dispoñemos de servizo de limpeza diaria dos cuartos nin o cambio de roupa nin se serven comidas, calquera servizo extra que precisen deben contratalo aparte.

No caso de alugarse para algún evento que implique que usarán as instalación máis persoas das aloxadas deberase abonar o prezo por evento.

 

Instalacións, servizos

WiFi gratis
Aparcamento gratuíto
Aluguer completo ou por habitacións
Barbacoa/Grella exterior
Calefacción
Lareira
Ampla finca axardinada pechada con árbores froiteiras
Fácil acceso por estrada
Xogos de mesa e porterías de fútbol
Piscina
Menaxe completo (Cristalería, cubertería, vaixela)
Lencería (Baños, habitacións e cociña)
Hórreo
Soportais
Biblioteca, TV, vídeo, equipo de música
Admítense cans
Ecolóxicamente responsables
LGTBIQ friendly

Visita virtual

O encanto da casa tradicional galega

Aluguer casa completa