Cuarto do

Tío Cura

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas

Esta habitación é moi luminosa, decorámola en tons amarelos, con papel pintado nunha das paredes e coa pedra vista na parede do balcón. O balcón dispón dunha mesiña con dúas cadeiras.

A cama, de 1.35 m, e máis os mobles son moi antigos e pertenceron sempre á familia. O cuarto de baño, con xanela, é moi luminoso e alegre, dispón de bañeira de hidromasaxe

Esta habitación foi a sala de estar do primeiro andar. A sala normalmente tiña pouco uso, reservábase para os banquetes dos días das festas e como cuarto das costureiras, cando viñan á casa facer a roupa para os membros da familia. Esta sala estivo habilitada para un invitado ilustre: o irmán do meu bisavó, o tío cura da miña aboa Carme, de aí o seu nome.

Habitación
  • Cama dobre 1.35cm
Baño
  • Baño completo (Bañeira de hidromasaxe)
  • Secador de pelo
  • Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
  • Toallas
Parking

De balde! Hai aparcamento privado no sitio.

WIFI

De balde!  
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.

Checkin & Checkout
Tempada alta: o horario de entrada é a partir das 16h, e de saída ata ás 12h.

Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.

É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.

Queres quedar na Casa de Roque?

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo