Cuarto de
Palmira
O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas
Esta habitación atópase situada na planta baixa da casa. Denomínase así porque ese era o nome da última xornaleira que os meus avós tiveron vivindo na casa antes de que a vellez e os cambios sociais rematasen co cultivo das terras propiedade da familia.
É un cuarto moi luminoso, con xanela no dormitorio e no baño. Está decorado en tons verdes e amarelos, con papel de parede na zona da cabeceira da cama e no espazo da sala. Ten unha cama de 1,50 m. O cuarto de baño ten ducha
A súa situación na planta baixa e con porta corredoira no cuarto de baño fai que sexa accesible a persoas con mobilidade reducida.
Habitación
- Cama dobre grande 1.50 cm
Baño
- Baño con ducha
- Secador de pelo
- Espello de aumento
- Xabóns de mans. Xel/Champú. Papel hixiénico
- Toallas
WIFI
De balde!
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.
Parking
De balde! Hai aparcamento privado no sitio.
Checkin & Checkout
Tempada alta: o horario de entrada é a partir das 16h, e de saída ata ás 12h.
Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.
É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.
Queres quedar na Casa de Roque?
Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo