As Habitacións
Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo
Tódalas nosas habitacións teñen baño completo (equipado con secador) e están decoradas de cores e estilos diferentes, mantendo sempre unha estética minimalista para que non te sintas en casa allea, pero con detalles escollidos con mimo (cadros, papel pintado, sabas brancas de algodón bordado, colchóns e almofadas de viscolátex, toallas grandes, paredes de pedra vista, flores naturais…), para que desfrutes do ambiente rústico e tradicional coas comodidades actuais.
Planta alta
No faiado, dous cuartos co teito abufardado cheos de luz.
Ler máis
Primeiro andar
Catro habitacións dobres, cada unha coa súa cor e a súa historia.
Ler máis
Planta baixa
A cociña, o comedor, a sala de estar e o Cuarto de Palmira, accesible.
Ler máisCheck-in e Check-out
- Tempada alta: entrada a partir das 16h e saída ata as 12h.
- Tempada baixa: entrada a partir das 12h e saída ata as 16h.
É preciso avisar o día anterior, ou polo menos cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.
Contacto
Falamos?
Escríbenos e responderémosche o antes posible.
Política de privacidade
Última actualización: xuño de 2026
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e da LOPDGDD, informámoste sobre o tratamento dos teus datos persoais.
Responsable do tratamento
Responsable: María Soledad Agra Tuñas (Casa de Roque). CIF: 33277711T. Enderezo: Sarnón 4, Santo Ourente, Outes (A Coruña). Correo: info@casaderoque.es.
Finalidade
Os datos que nos facilitas a través do formulario de contacto utilízanse unicamente para responder á túa consulta e xestionar a túa solicitude de información ou reserva.
Conservación e dereitos
Os datos conservaranse o tempo necesario para atender a túa solicitude. Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e portabilidade escribindo a info@casaderoque.es.