Cuarto da
Madriña
O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas
Esta habitación está decorada en cores azuis. É un cuarto amplo, con dúas fiestras no dormitorio, unha das paredes é de pedra de granito á vista. Ten unha cama de 1,35 cm. con cabeceiro antigo de madeira de cereixo decorado con preciosos debuxos. O cuarto de baño é interior, ten un lavabo con moble de madeira e conta con bañeira de hidromasaxe. Dispón de espazo dabondo para unha cama supletoria e un berce cando fan falta.
O mellor recordo que teño da miña madriña son as súas patacas fritas onduladas o día de ano novo mentres víamos os saltos de esquí. Cortábaas con unha lata de ondas que tiña o borde afiado, supoño que a traería de Alemaña, o mesmo que o fervedoiro eléctrico do leite, o pasa puré e algunha outra cousa curiosa que había pola casa desde que ela volvera da emigración.
O seu cuarto era un lugar prohibido para os nenos, pero aínda así agochabámonos no seu enorme armario de tres portas e decorabámolo por dentro con cromos, algunha aínda quedou, como poderedes ver.
Habitación
- Cama dobre (1.35cm)
- Posibilidade de cama individual extra e berce
Baño
- Baño completo (Bañeira de hidromasaxe)
- Secador de pelo
- Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
- Toallas
WIFI
De balde!
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.
Parking
De balde! Hai aparcamento privado no sitio.
Checkin & Checkout
Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.
É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.
Queres quedar na Casa de Roque?
Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo