Aventura na natureza
Para os máis intrépidos, a contorna ofrece turismo activo de sobra. Para empezar, recomendámosche a ruta de barranquismo pola fervenza de Santa Baia, en Outes, ideal para iniciarse: rápeis, saltos e tobogáns naturais sempre con guía, apta desde os 12 anos.
Se o teu é a auga, a media hora tes rafting polos rápidos do Río Ulla e, máis preto, kayak no interior da Fervenza do Ézaro, perfecto para familias segundo as mareas. E para quen busca adrenalina pura, puenting desde a Ponte Ceilán sobre o Río Tambre.
A pé e a cabalo
A pé, descobre muíños restaurados, regatos e ríos, pontes medievais e sendeiros entre prados e fragas que parten case desde a porta da casa.
E a cabalo, hai rutas para adultos e nenos a partir de 7 anos en Estivada Ecuestre, a só 200 metros, adaptadas a cada nivel: unha forma tranquila de descubrir a paisaxe da ría de Muros e Noia.