Planta alta
No faiado, dous cuartos co teito abufardado: o Cuarto de Sol e o Cuarto de Lúa. Acolledores e cheos de luz natural.
No faiado, dous cuartos co teito abufardado: o Cuarto de Sol e o Cuarto de Lúa. Acolledores e cheos de luz natural.
Catro habitacións dobres con baño completo: Madriña, Tío Cura, Cheminea e Avoa. Cada unha coa súa cor e a súa historia.
A cociña, o comedor, a sala de estar, un aseo e o Cuarto de Palmira, accesible para persoas con mobilidade reducida.
Piscina con cuberta retráctil, aberta todo o ano para gozar do baño en calquera estación.
Unha gran finca pechada, rodeada de prados e fragas, con hórreo, garaxe cuberto para os coches e amplas zonas verdes para relaxarse ao aire libre.
Un porche con grella xunto á piscina, con porta acristalada corredoira nun lateral, perfecto para xantares e ceas ao aire libre coa familia ou os amigos.
A casa atópase nunha gran finca pechada
Casa de Roque está nunha pequena aldea rodeada de prados e fragas, con fácil acceso, a só un quilómetro dunha vila con todos os servizos e a sete minutos da primeira das marabillosas praias que salpican toda a costa galega. Aluguer completo: 7 habitacións dobres, capacidade máxima 18 persoas (4 en cama extra). Non se aluga por habitacións.
Ten un porche con grella cerca da piscina, cociña interior e a lareira. A casa dispón de tódolos utensilios precisos para residir comodamente ata 18 persoas: mesa extensible con capacidade para 18 persoas, cociña de gas de 2 lumes, cociña vitrocerámica de 4, forno eléctrico, forno microondas, espremedor e torradora eléctricos, cafeteira eléctrica de filtro (non de cápsulas) e cafeteira italiana, batedor, lavalouzas e lavadora. Tamén dispón de moita vaixela, cristalería e cubertos, panos da louza e produtos de limpeza.
Non dispoñemos de servizo de limpeza diaria dos cuartos nin cambio de roupa, nin se serven comidas; calquera servizo extra que precisen débese contratar aparte.
No caso de alugarse para algún evento que implique que usarán as instalacións máis persoas das aloxadas, deberase abonar o prezo por evento.