Contacte connosco
Tes algunha dúbida?
Ola, eu son Sol, a vosa anfitriona se queredes aloxarvos na Casa de Roque. Esta era a casa dos meus avós maternos, e rehabiliteina en 1999 para dedicala a turismo rural, sempre foi unha casa preciosa e case tódolos mobles son os mesmos que tiña, agora son antigüidades. Que máis contarvos de min… son psicóloga, teño un fillo e unha filla, dedico moito tempo a asociacións de varios tipos: veciñais, turísticas, culturais; e sobre todo, encántame o sitio no que vivo, así que podo contarvos unha morea de lendas, contos, tradicións e lugares maravillosos que aínda non saen nas guías. O que máis me gusta deste traballo é que a xente desfrute dos días que pasa aquí, así que trae só ganas de pasalo ben, o resto: paisaxe, gastronomía, tranquilidade, desconexión, natureza, actividades,etc, está garantido.
Podes poñerte en contacto connosco a través do seguinte formulario e chamarémoste o antes posible.
O encanto da casa
tradicional galega
Aluguer casa completa