Condicións de reserva

PARA QUE SE FAGA EFECTIVA A SÚA RESERVA DEBEN FACER O PAGO DO ADIANTO (40 % DO TOTAL) e envialo xustificante de pago á conta de Caixa Bank CAIXESBBXXX
Nª cuenta: IBAN ES08 2100 4780 7002 0008 8805
TITULAR: Soledad Agra Tuñas

Recibirán un correo ou WhatsApp confirmando a súa reserva, hasta ese momento a súa reserva non se considerará confirmada.

O resto do pago debe realizarse por transferencia antes da súa chegada, tendo en conta que se é un festivo ou fin de semana, deberá facer a transferencia uns días antes para que o ingreso se faga efectivo na nosa conta antes do seu día de chegada.

OUTROS DATOS DE INTERESE:

DESPOIS DE MEDIA NOITE DEBERÁN MODERARSE OS RUIDOS NO EXTERIOR PARA NON MOLESTAR Ó VECINDARIO
(Apagar a música ou poñela a un volume moi baixo e evitar cantar e berrar)

A aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican:

  • O horario de entrada é a partir das 16 horas (en tempada baixa dende as 12 AM), deben avisar con anterioridade da súa hora prevista de chegada.
  • A hora de saída é ata as 12:00, agás que se chegara a algún acordo previo coa propietaria por escrito. (En tempada baixa pode ser ata as 16 horas se reservan o fin de semana completo).
  • As tarifas especiais e ofertas que se publiquen nesta páxina de Internet serán aplicables para as datas que se especifiquen nas mesmas.
  • Os prezos de referencia serán os publicados na nosa web www.casaderoque.es
  • O IVE está incluído no importe da reserva.
  • Baixo ningunha circunstancia se permitirán máis persoas de 18 persoas, incluído crianzas menores de 2 anos. A propietaria resérvase o dereito de admisión ou cancelación da reserva se non se respecta a presente condición.
  • É obrigatorio por lei que cada viaxeiro maior de 16 anos cubra e asine unha ficha de ocupación que a propietaria está obrigada a entregar ás autoridades responsables. Se non desexan contacto directo coa recepción, OS CLIENTES PODEN ENVIAR UNHA FOTO DO SEU DNI POR WHATSAPP Á PROPIETARIA UNS DÍAS ANTES DA SÚA CHEGADA, PARA QUE PODA CUBRIR AS FICHAS DE CLIENTES QUE DEBEN ASINAR Ó CHEGAR Ó ALOXAMENTO.

EQUIPAMENTO

NON ESTÁN INCLUÍDOS MANTEIS OU SERVILLETAS.
O aloxamento está totalmente equipado en canto a vaixela e utensilios.
A cociña dispón de xabón para o lavalouza e louza para dous ou tres días, e todos os utensilios necesarios.
As habitacións dispoñen de roupa de cama e baños, así como de xel/xampú, xabón de mans e papel hixiénico durante dous ou tres días.
Non haberá limpeza diaria de cuartos nin cambio de roupa durante a estancia.

Se o cliente quere que se cambie a roupa de cama e de baño, deberá solicitala con antelación e facilitaráselle despois de entregar a lixada, o seu custo será de dez euros por cada conxunto de habitación. Se desexa un servizo de limpeza durante a estancia, deberá solicitalo á chegada. A limpeza total da vivenda e cuartos terá un custo de 70 euros.

Deberán levar as súas propias toallas de piscina, as toallas de baño non se deben usar no xardín.
Dispoñen de leña para a churrasqueira sen custo.

Pedimos que se utilice con responsabilidade, sen desperdiciar, non temos carbón nin produtos de encendido rápido.

ADMÍTENSE CANS cun suplemento de 5€ mascota/día.
O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado, tal e como o atopou.

Se se produce algún dano nas instalacións, o cliente deberá comunicalo canto antes.

A louza que se utilizou debe quedar limpa e no lugar onde se atopaba á chegada, así como o mobiliario no seu lugar no caso de que fosen trasladados durante a súa estancia.
O lixo debe ser retirado polos clientes, hai contedores de reciclaxe preto da casa, pedimos que se separen correctamente os residuos.
O aloxamento resérvase o dereito de cargar na tarxeta que os clientes deixan como garantía dos danos causados durante a súa estancia por neglixencia ou uso indebido, previa comunicación.
Para estancias superiores a catro días solicitaremos permiso para acudir a realizar o mantemento do xardín e da piscina, en horarios que non molesten aos hóspedes, previamente concertados con eles.

CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN

NON SE APLICARÁN, EN NINGÚN CASO, OS CARGOS DE CANCELACIÓN SE AS INDICACIÓNS DO GOBERNO, PROVOCADAS POLA CRISE SANITARIA DO COVID-19, IMPIDE QUE OS CLIENTES VIAXEN OU PODAN ACUDIR A ALOXAMENTOS TURÍSTICOS.

Neste caso, o importe que ingresasen en concepto de reserva ingresarase no número de conta que o cliente comunique, nun prazo máximo de cinco días.
O anticipo que se solicitará como garantía de reserva será do 40% do total da reserva.

En caso de anulación da reserva aplicaranse, sobre o importe do anticipo realizado, as seguintes porcentaxes de retención:

  • 50% se se cancela entre 30 e 25 días antes da data de entrada.
  • 75% cando se cancele entre 25 e 15 días antes da data de entrada.
  • 90% cando se cancele 15 días ou menos antes da data de entrada.
O importe resultante tras o desconto por cancelación será devolto ao cliente, na conta que indique, nun prazo non superior a 5 días.
  1. Non presentarse o día da reserva suporá o cobro do 100% do anticipo total da reserva.
  2. A saída anticipada, antes do día establecido na formalización da reserva, non dá dereito á devolución dos servizos non desfrutados, por estar xa contratados, polo que se facturará o importe total previsto neste documento.

O encanto da casa tradicional galega

Aluguer casa completa