Cuarto de Palmira
AccesibleÉ un cuarto moi luminoso, con xanela no dormitorio e no baño. Está decorado en tons verdes e amarelos, con papel de parede na zona da cabeceira da cama e no espazo da sala. Ten unha cama de 1,50 m. A súa situación na planta baixa e con porta corredoira no baño fai que sexa accesible a persoas con mobilidade reducida.
- Cama dobre grande 1,50 m
- Ducha
- Secador
- Xel, champú e papel hixiénico
- Toallas