Benvido/a á Casa de Roque
A casa de Turismo Rural de Roque conserva o encanto da casa galega tradicional, de pedra e madeira, con mobles e detalles de museo, con lareira, forno de leña, hórreo, grella exterior, e, ao mesmo tempo, con todas as comodidades de hoxe en día: calefacción, WIFI, hidromasaxe, piscina. Desfruta do turismo dende un entorno de calma e natureza.
Estamos na ría de Muros e Noia, a ría da estrela, coñecida por ser “a ría como eran as rías galegas antes”, a máis céntrica e descoñecida, e polo tanto, a que mellor conserva a súa esencia. A nosa céntrica ubicación permitirache visitar moitos lugares marabillosos de Galicia sen desprazarte moito, estamos perto da praia, e: a 20 minutos de Santiago de Compostela, a 10 de Noia, a 30 minutos de Muros, a unha hora da Coruña, a media hora de Carnota e a Costa da Morte, e a 50 minutos de Fisterra, e tamén cerca das Rías Baixas, a unha hora de Pontevedra ou Sanxenxo.