Cuarto de
Sol
O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas
É a habitación mais grande da casa, no baixo cuberta só hai dous cuartos e o de Sol ocupa máis da metade do espazo total. A distribución desta habitación é un pouco especial, ten unha cama de 1, 50 cm., unha bañeira de hidromasaxe e un lavabo de madeira no mesmo espazo do dormitorio, con cuarto de baño aparte. Ten capacidade para instalar dúas ou tres camas extra.
O cuarto de Sol, ademais de ser unha habitación moi romántica, ideal para parellas, tamén é unha habitación moi familiar, xa que a súa amplitude permite que se podan instalar dúas camas individuais máis, ou tres, de 90 cm, e incluso un berce ao mesmo tempo, aínda que naturalmente o espazo vese reducido, o mais cómodo nestes casos, sempre que a idade dos rapaces o aconselle, é repartir á familia entre o cuarto de Sol e o de Lúa para os pequenos, de xeito que fica a familia toda xunta, nun andar completo só para ela.
Atópase no baixo cuberta, polo que ten o teito inclinado, coa estrutura das trabes de madeira á vista. Dispón dunha xanela no pinche e dúas velux no teito, unha no dormitorio e outra no cuarto de baño.
Habitación
- Cama dobre (1.50 cm)
- Posibilidade de 2 camas individuais extra e berce
Baño
- Baño completo con ducha e bañeira de hidromasaxe
- Secador de pelo
- Espello de aumento
- Xabón de mans. Xel/champú. Papel hixiénico
- Toallas
WIFI
De balde!
Hai conexión a internet wifi dispoñible en todo o establecemento.
Parking
De balde! Hai aparcamento privado no sitio.
Checkin & Checkout
Tempada baixa: o horario de entrada comeza a partir das 12h, e a saída ata ás 16h.
É preciso avisar o día anterior, ou polo menos, cunha antelación de dúas horas da hora prevista de chegada.
Queres quedar na Casa de Roque?
Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo