A Casa

Turismo Rural de Galicia

Benvido a Casa de Roque

Aluguer casa completa ou por habitacións
Capacidade:  ata 18 persoas (4 en cama extra)

Casa de Roque está nunha pequena aldea rodeada de prados e fragas, con fácil acceso, a só un quilómetro dunha vila con todos os servizos e a sete minutos da primeira das marabillosas praias que salpican toda a costa galega. Afastada do barullo, pero cerca de todo.

Casa de Roque ten a seguinte distribución:

  • na planta baixa, está a cociña, un aseo, o comedor, a sala de estar e unha habitación, o Cuarto de Palmira;
  • no primeiro andar hai catro cuartos, de dereita a esquerda: Madriña, Tío Cura, Cheminea e Avoa
  • na planta alta, no faiado, hai dous cuartos: Cuarto de Sol e Cuarto de Lúa

A casa atópase nunha gran finca pechada, moi preto dun magnífico restaurante.

Na modalidade de aluguer íntegro da vivenda, pódese usar a grella exterior, a cociña interior e a lareira. A casa dispón de tódolos utensilios precisos para residir comodamente ata 18 persoas: cociña de gas de 2 lumes, cociña vitro cerámica de 4, forno eléctrico, forno microondas, espremedor, cafeteira eléctrica, torradora, batedor, lavalouzas, etc. Tamén dispón de moita vaixela, cristalería e cubertos, panos da louza e produtos de limpeza.   Os cuartos están equipados con toda a lencería precisa e con xabón de mans e xel/champú. Hai secador de pelo en tódolos cuartos.

Nesta modalidade de aluguer non se fai a limpeza diaria dos cuartos nin o cambio de roupa nin se serven comidas.

No caso de alugarse para algún evento que implique que usarán as instalación máis persoas das aloxadas deberase abonar o prezo por evento.

O aluguer por habitacións inclúe a limpeza diaria e o cambio de roupa cada dous días. Tamén se pode contratar o servizo de almorzo buffet. A neveira e conxelador están a disposición dos clientes, pero non se poderán preparar alimentos na cociña. O uso do microondas está permitido só para quentar alimentos de bebés.

Instalacións, servizos

WiFi gratis
Aparcamento gratuíto
Aluguer completo ou por habitacións
Barbacoa/Grella exterior
Calefacción
Lareira
Ampla finca axardinada pechada con árbores froiteiras
Fácil acceso por estrada
Xogos de mesa e porterías de fútbol
Piscina
Menaxe completo (Cristalería, cubertería, vaixela)
Lencería (Baños, habitacións e cociña)
Hórreo
Soportais
Biblioteca, TV, vídeo, equipo de música
Admítense cans
Ecolóxicamente responsables
LGTBIQ friendly

Visita virtual

O encanto da casa tradicional galega

Aluguer casa completa ou por habitacións