Información e reservas

+34 607 27 44 92

ES · EN · GA

Benvido a Casa de Roque

Turismo Rural de Galicia



Na ría de Muros e Noia, a primeira das Rías Baixas ou a última das Rías Altas. É unha pequena aldea rodeada de prados e fragas, con fácil acceso, a só un quilómetro dunha vila con todos os servizos e a sete minutos da primeira das marabillosas praias que salpican toda a costa galega. Afastada do balbordo pero cerca de todo: a media hora de Santiago de Compostela, a 10 minutos de Noia, a 30 minutos de Muros, a unha hora da Coruña, a media de Carnota e a Costa da Morte, a 50 minutos de Fisterra, a hora e media de Pontevedra, a unha hora da ría de Arousa.

Goza dun ambiente caseiro ao teu ritmo. A casa de Roque conserva o encanto da casa galega tradicional, de pedra e madeira, con mobles e detalles de museo, con lareira, forno de leña, hórreo, barbacoa exterior e, ao mesmo tempo, con todas as comodidades de hoxe en día: calefacción, WIFI, hidromasaxe.


Os cuartos

O encanto da casa tradicional galega coas comodidades máis modernas



Cuarto de Palmira


Esta habitación atópase situada na planta baixa da casa. Denomínase así porque ese era o nome da última xornaleira que os meus avós tiveron vivindo na casa antes de que a vellez e os cambios sociais rematasen co cultivo das terras propiedade da familia.




É un cuarto moi luminoso, con xanela no dormitorio e no baño. Está decorado en tons verdes e amarelos, con papel de parede na zona da cabeceira da cama e no espazo da sala. Ten unha cama de 1,50 m. O cuarto de baño ten ducha

A súa situación na planta baixa e con porta corredoira no cuarto de baño fai que sexa accesible a persoas con mobilidade reducida.



Cuarto da Cheminea


Como o seu nome indica este cuarto atópase xusto enriba da lareira, e a subida da cheminea ocupa parte da parede do fondo.



Antes da reforma este era tamén o cuarto das huchas, xa que nel se gardaban os baúis coa roupa branca e as mantas.

É unha habitación ampla e luminosa, con xanela no dormitorio e no cuarto de baño.

Ten unha cama de 1,35 en madeira de castiñeiro, a xogo coas mesas de noite, que xa formaban parte do mobiliario da casa en tempos dos avós. Dispón de espazo suficiente para poñer unha cama supletoria se é preciso.



Cuarto do
Tio Cura


Esta habitación foi a sala de estar do primeiro andar. A sala normalmente tiña pouco uso, reservábase para os banquetes dos días das festas e como cuarto das costureiras, cando viñan á casa facer a roupa para os membros da familia.


Esta sala estivo habilitada para un invitado ilustre: o irmán do meu bisavó, o tío cura da miña aboa Carme. Esta habitación é moi luminosa, decorámola en tons amarelos, con papel pintado nunha das paredes e coa pedra vista na parede do balcón.

A cama, de 1.35 m, e máis os mobles son moi antigos e pertenceron sempre á familia. O cuarto de baño, con xanela, é moi luminoso e alegre, dispón de bañeira de hidromasaxe.



Cuarto da Avoa


O cuarto da miña avoa era antigamente o mais grande da casa, porque ocupaba tamén o espazo do que hoxe é o baño do cuarto da cheminea.


Tiña, ademais da cama de matrimonio, un berce e unha cama pequena para os nenos, a miña nai lembra que cando algún estaba enfermo podía durmir na habitación dos pais, e no berce sempre había un bebe, porque a miña avoa tivo seis fillos.

O cuarto da avoa ten dúas xanelas no dormitorio. A cama, de 1.5 m, ten o cabeceiro de forxa de ferro. Aqui a parede ten a pedra á vista, o resto do cuarto está pintado en tons cálidos. O armario e as mesas de noite altas son reliquias familiares con máis de cen anos de coidado uso.

O cuarto de baño, en tons azuis e branco é interior, tamén dispón de bañeira de hidromasaxe.



Cuarto da Madriña


O mellor recordo que teño da miña madriña son as súas patacas fritas onduladas. Cortábaas cunha lata con ondas que tiña o borde afiado, supoño que a traería de Alemaña, como o fervedor eléctrico do leite, o pasapuré e algunha outra cousa curiosa que había pola casa e que trouxo cando volveu da emigración.


O seu cuarto era un lugar prohibido para os nenos, o seu enorme armario de tres portas estaba ateigado de roupa de cores, traxes, panos da cabeza, e outras cousas que non se podían tocar. Eu, meus irmáns e os meus primos, os seus fillos, que eramos moi atravesados, decorámosllo con cromos e autocolantes, algún aínda lle quedou, que non o dei arrancado, e alí o podedes ver.

As mesas de noite tiñan zapatos e a cama era tan voluminosa que a cambiamos para que quedara mais espazo no cuarto. Así que o cuarto da miña madriña é hoxe unha ampla habitación con dúas xanelas no dormitorio, en parede de pedra á vista e con un cuarto de baño interior con lavabo en moble de madeira e baño de hidromasaxe. Posúe unha cama de 1.35 m, con cabeceiro antigo en madeira de castiñeiro.

Asemade dispón de espazo para un berce ou unha cama supletoria, cando é necesaria.



Cuarto de Lúa


Esta habitación, xunto co Cuarto de Sol, está no antigo faiado da casa, é un cuarto baixo cuberta con dúas camas individuais que se poden colocar xuntas ou separadas.


O seu teito inclinado está aproveitado ata case o chan, aínda que as persoas moi altas teñen que ter coidado de se achegaren moito á beira.

Ten unha xanela baixa, no dormitorio, e tamén xanela no teito, tanto dormitorio como no cuarto de baño. É un cuarto moi bonito, e moi acolledor.



Cuarto de Sol


Atópase no baixo cuberta, polo que ten o teito inclinado, recuberto de madeira e coa estrutura das trabes á vista. Dispón dunha xanela no pinche e dúas velux no teito, , unha no dormitorio e outra no cuarto de baño.


É a habitación mais grande da casa, no baixo cuberta só hai dous cuartos e o de Sol ocupa máis da metade do espazo total.

A distribución desta habitación é un pouco especial, ten unha cama de 1, 50 cm., unha bañeira de hidromasaxe e un lavabo de madeira no mesmo espazo do dormitorio, con cuarto de baño á parte. O cuarto de Sol, ademais de ser unha habitación moi romántica, ideal para parellas, tamén é unha habitación moi familiar, xa que a súa amplitude permite que se podan instalar dúas camas individuais máis, de 90 cm, e incluso un berce ao mesmo tempo, aínda que naturalmente o espazo vese reducido, o mais cómodo nestes casos, sempre que a idade dos rapaces o aconselle, é repartir á familia entre o cuarto de Sol e o de Lúa para os pequenos, de xeito que fica a familia toda xunta, nun andar completo só para ela.





Arredores e actividades

Galicia nunca deixa de sorprender

A privilexiada situación da casa de Roque permite gozar de todas as vantaxes de Galicia: tranquilidade rodeada de natureza, cerca do mar para desfrutar das marabillosas praias, a só un quilómetro dunha pequena vila con todos os servizos; a menos de media hora de Santiago de Compostela e a poucos minutos de núcleos históricos e de paisaxes incribles.



Opcións para todos os gustos:

A pé: paseos por camiños rodeados de prados e fragas, con muiños restaurados, a carón de regueiros e ríos, con pontes medievais, parques infantís

A cabalo: paseos para adultos e niños desde 7 anos, non é preciso ser experto en hípica porque a parella que regenta Estivada Ecuestre, ...

a 200 metros de casa de Roque, son especialistas en facer una rota adaptada aos teus coñecementos e habilidades e sempre con un paseo polo monte e o río, sen quedarte no picadeiro aínda que sexa a primeira vez que montas..

Lugares secretos: Galicia está chea de recantos que non aparecen nas guías, atrévete a descubrir sitios máxicos, onde a auga e as fragas soen ser os protagonistas.

A menos de dez minutos en coche: Capela e Fervenza de Santa Leocadia

Portomouro, a 35 minutos de Casa de Roque, un muiño convertido en restaurante, unha terraza sobre o río.

Ponte Nafonso: A doce minutos asómbrate coa ponte medieval de 20 arcos de pedra que une os concellos de Noia e Outes, pasea polos xardíns del Pazo do Tambre, na mesmísima desembocadura do río Tambre.




A praia e o porto

a primeira praia desde a casa está a sete minutos en coche; ideal para ir con nenos, aparcas o coche a pé de praia, tes bares para xeados ou racións e tamén una...

zona de monte para facer barbacoas, un pequeno parque infantil e un precioso paseo pola beira dun cantil, precioso aínda que non estea o día para bañarse na praia.

E despois da primeira non perdas unha en cada revolta da costa, ata Fisterra a estrada discorre pegada ao mar, para que podas gozas desta marabillosa paisaxe entanto viaxas.

Non esquezas para na praia de Carnota, os seus máis de 7 km. fan dela a maior de Galicia, as súas numerosas entradas han te levar a unha praia diferente de cada vez; e se queres a parte tranquila, entra por Boca de Río e deléitate coas súas dunas e lagoas.

Desde a casa de Roque podes estar en Carnota en 35 minutos se tomas a estrada do interior, que che dará, ademais a oportunidade de contemplar unha das máis marabillosas paisaxes da costa galega, ideal para fotografar desde o miradoiro.

No mesmo concello de Outes encontrarás o precioso porto do Freixo, cunha importante produción marisqueira, comer ameixa ou berberecho recén extraído do mar é un luxo que poderás permitirte en calquera das encantadoras tabernas do porto, e a uns prezos inmellorables. Se o que queres é dar un paseo en barco deica as bateas de mexillón ou ver a descarga do peixe na lonxa do porto no atardecer, daquela achégate a Muros.




Por aldeas e vilas pintorescos:

A sete quilómetros de Outes encontrarás a vila medieval de Noia. Un paseo polas súas rúa con soportais ou unha visita ás súas prazas e igrexas a vos transportarán a outras épocas, e ademais ...

ten mercado xoves e domingos, es ideal para pasear e ir de compras. Imprescindible nesta vila medieval é visitar o edificio do concello, co seu claustro interior, no paseo da Alameda; a igrexa de San Francisco; a de Santa María a Nova, coa súa exposición de laudas gremiais única ; ou a excepcional igrexa de San Martiño, coa súa inesquecible praza do Tapal enfronte. Noia ten ademais moita fama por las riquísimas empanadas que se preparan nas súas numerosas tascas e bares, das que soen servir unha porción gratis coa consumición..

Muros: A vila mariñeira mellor conservada de Galicia, rúas estreitas, empedradas, mirando ao mar, porto pesqueiro, bateas de mexillóns, soportais que resgardan pequenos bares e restaurantes, igrexas colgadas da montaña, restos arqueolóxicos. Esta a media hora da casa, polo interior, con impresionantes vistas sobre a vila desde o alto, ou a 40 minutos bordeando a costa pasando por todos as aldeas, vilas, praias e arnelas.




De turismo arqueolóxico e cultural:

Galicia ten un rico e excepcional patrimonio arqueolóxico. Podemos desfrutar de coñecer como vivían os nosos antepasados celtas mercé aos innumerables castros, ...

moitos deles escavados e visitables. Cerca de casa de Roque encontrarás un dos castros máis coñecidos de Galicia polas súa impresionante ubicación; o Castro de Baroña, a media hora de casa de Roque, permitirá, ademais, que coñezas as salvaxes praias da costa de Noia a Ribeira; e tamén multitude de petróglifos en Porto do Son, arcas megalíticas na especial Serra do Barbanza; en Ribeira o Dolmen de Axeitos; todo na mesma zona do Castro de Baroña,

Outra ruta posible, será o dolmen de Dombate, que inclúe, ademais do orixinal, unha réplica visitable; en Cabana de Bergantiños. Desde este dolmen poderás aproveitar e achegarte ao castro de Borneiro, moi próximo de Dombate.

En Muros poderás mergullar nos enigmáticos gravados rupestres da Cova da Bruxa e A Laxe das Rodas.




Paraisos da Naturaleza:

oda Galicia é paisaxe, nós, os galegos soemos dicir moitas veces, diante do marabilloso espectáculo da nosa terra "Que pouco o valoramos e que bonito é", porque mires para onde mires te ...

inunda o verde de prados e bosques e a auga reborda en cada fendiña, todo é ríos, mares e fervenzas. Determinados espazos son considerados de especial protección polo seu interese paisaxístico, natural ou cultural; dentro destes espazos da natureza, recomendámosche dous moi cerca de casa de Roque. Monte e lagoa de Louro, ao lado de Muros.

Monte Pindo, o monte sagrado recollido no himno galego, o Olimpo Sagrado dos celtas, e non é para menos, 627 metros de altitude coroadas polas zoomórficas rochas de A Moa, cunha visión impresionante sobre o esteiro de Ézaro, onde tamén poderás desfrutar coa única cascada de Europa que desemboca directamente no mar.

O parque natural das Dunas e lagoas de Corrubedo non se inclúe na rede Natura 2000, pero sen dúbida para a pena visitalo, poucos quilómetros despois do Castro de Baroña localízase este complexo dunar que esconde dúas lagoas alimentadas por rios e polo mar que golpea a súa preciosa praia




Cidades:

A Cidade: Santiago de Compostela está situado a menos de media hora, gozar de visitar a cidade vella, os seus moitos bares de tapas e relaxarse nos seus ...

moitos parques. Se queres fóra de pistas normais, póñase en consultalo-lo antes de saír.

A Coruña, a só unha hora no interior de Mount St Peter vólvese para a cidade tras un paseo e parando en os seus monumentos máis emblemáticos antes de pasear polas rúas deixando o impresionante Praza de María Pita.

Pontevedra, unha hora de Santiago estrada, coidadosamente restaurada descubrir unha cidade, que teñen valido a pena as moitas prazas, cunha animada vida nocturna nos seus terrazas.








Prezos

Atopa o mellor prezo para as súas vacacións

Temporada baixa Temporada media Temporada alta
Habitación dobre: 50 € 55 € 60 €
Habitación dobre con bañeira de hidromasaxe: 55 € 60 € 65 €
Habitación especial (Cuarto de Sol): 60 € 65 € 70 €
Cama extra de 90 cm: 20 € 20 € 20 €
Almorzo: 5 € 6 € 6 €


Almorzo tempada baixa:: Consta de zume de laranxa natural, foita, café, leite e infusións, Cola-Cao, cereais, torradas, bolachas queixo D.O. Arzua-Ulloa, marmelo, marmeladas, manteiga, margarina e aceite.

Almorzo tempada media e alta: Consta de zume de laranxa natural, froita, café, leite ou infusións, Cola-Cao, cereais, torradas, bolachas, queixo D.O. Arzua-Ulloa, marmelo, marmeladas, manteiga, margarina e aceite, iogur natural e tomate.

Ceas: Só se servirán ceas menú baixo reserva para grupos maiores de seis persoas; o seu prezo será de 19€.

Para comidas á carta poden ir a carón da casa ao restaurante Casa de Roque, o seu teléfono é o 981 850 450. Tamén existen restaurantes, parrilladas e pizzerías no pobo de Serra de Outes, a menos dun kilómetro.

Bebidas e outros produtos: A casa dispón de refrescos, viños, champagne, e outros produtos (bombons, flores...) para o consumo dos clientes, previa petición.



OFERTAS DISPOÑIBLES:

CASA COMPLETA, 2 NOITES: 600 €

Casa completa para 14 persoas, por DÚAS noites.

Oferta aplicable en tempada baixa. Máis persoas ou días consultar (607 27 44 92).






Reserva agora

Información e reservas



Onde estamos

Ven a gozar dun paraíso en Galicia

Casa Rural "Casa de Roque" · C/ Sarnón, 4 · 15237 Santo Ourente (A Galicia)
Teléfono: +34 607 274 492 · info@casaderoque.es






Aviso legal y política de privacidad


Como chegar:

Coordenadas N 42º 51´ 18´´ ;W 8º 54´11´´ ou escribir Sarnon (non Outes, porque ainda que é o nome do concello tamén é o dunha pequena aldea lonxe da casa).

Cómo llegar:

Desde Santiago de Compostela dirixirse cara Santiago Sur- Pontevedra, coller a saída nº 75 para Noia, ao finalizar a autovía, na primeira rotonda que aparece ao chegar ao mar, tomar a primeira saída en dirección Outes e, antes de entrar na ponte, coller o desvío á dereita dirección Serra de Outes. Ao entrar no pobo, á altura de Novagalicia Banco, coller á dereita dirección Santa Comba, xa aparecen indicadores de Casa de Roque, atopase a menos de 1 km. desde o desvío do centro de Serra de Outes.

Desde Coruña: ou vir a Santiago ou polo interior, coller a autopista de Carballo ata a saída de Fisterre. Ao pasar Coristanco desviarse á esquerda na rotonda cara Muros, despois seguir ata Santa Catalina e coller o desvío á esquerda para Outes, seguir ata o cruce da Pereira e de alí de fronte a Pino de Val. Na rotonda do Pino de Val coller á esquerda cara Outes (ou Serra de Outes) , son 11 km (de estrada estreita e con moitas curvas, non desviarse no indicador de Serra de Outes por San Lorenzo). A casa de Roque atopase antes de chegar a Serra de Outes,á esquerda, dirección Santa Comba.

A Casa de Roque atópase en Galicia, noroeste da Península Ibérica, na provincia da Coruña.

Pertencemos ao Concello de Outes, situado no centro da Ría de Muros e Noia, esta é a ría que divide as Rías Altas das Rías Galegas.

Sarnon, a aldea na que está situada a Casa de Roque, está nun entorno rural, rodeado de montañas, pero a poucos quilómetros do centro da cidade, a dez minutos das praias a 43 km de Santiago de Compostela, a 52 km de Finisterre e a "Costa da Morte", e a unha hora da Coruña interior; polo tanto é unha situación privilexiada coñecer Galicia.



Política de Privacidad:



Soledad Agra Tuñas en representación de Casa de Roque como titular y propietaria de esta web, pretende mediante esta declaración informar a sus visitantes de la política que sigue en el tratamiento de los datos que se reciben a través de este sitio web.

El objetivo de nuestra política de privacidad es respetar al máximo la legislación vigente de protección de datos personales. Si usted tiene cualquier duda sobre la confidencialidad o el tratamiento que reciben sus datos, así como si desea ejercer alguno de los derechos de información, oposición, rectificación y/o cancelación que legalmente le corresponden, (o cualquier otro derecho que usted crea que le puede asistir) puede dirigirse a:

DATOS DE CONTACTO
Soledad Agra Tuñas
N.I.F.: 33277711-T
Sarnón / San Ourente
15237 Serra de Outes
Tel./Fax: 981 851 167

E-mail: info@casaderoque.es

En los formularios de consulta que se encuentran en la web se recoge aquella información que nos ayuda a responder las consultas o preguntas que nos formulan. Esta información es recibida por Casa de Roque la cual garantiza que nunca es vendida, cedida o alquilada a otras empresas.



senda-das-estrellas


by Ofifacil



Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Más información