Arredores e actividades

A privilexiada situación da casa de Roque permite gozar de todas as vantaxes de Galicia: tranquilidade rodeada de natureza, cerca do mar para desfrutar das marabillosas praias, a só un quilómetro dunha pequena vila con todos os servizos; a menos de media hora de Santiago de Compostela e a poucos minutos de núcleos históricos e de paisaxes incribles.

Opcións para todos os gustos:

A pé:

paseos por camiños rodeados de prados e fragas, con muiños restaurados, a carón de regueiros e ríos, con pontes medievais, parques infantís

A cabalo:

paseos para adultos e niños desde 7 anos, non é preciso ser experto en hípica porque a parella que regenta Estivada Ecuestre, a 200 metros de casa de Roque, son especialistas en facer una rota adaptada aos teus coñecementos e habilidades e sempre con un paseo polo monte e o río, sen quedarte no picadeiro aínda que sexa a primeira vez que montas.

Turismo activo: 

Barranquismo: Outes é a capital do barranquismo en Galicia https://www.youtube.com/watch?v=ubdZGJEhwbE

Descenso augas bravas: https://www.youtube.com/watch?v=NWvBAXPOETI; ou puenting https://www.youtube.com/watch?v=OPIPAK5i6nU

Lugares secretos:

Galicia está chea de recantos que non aparecen nas guías, atrévete a descubrir sitios máxicos, onde a auga e as fragas soen ser os protagonistas.

A menos de dez minutos en coche: Capela e Fervenza de Santa Leocadia

Portomouro, a 35 minutos de Casa de Roque, un muiño convertido en restaurante, unha terraza sobre o río.

Ponte Nafonso: A doce minutos asómbrate coa ponte medieval de 20 arcos de pedra que une os concellos de Noia e Outes, pasea polos xardíns del Pazo do Tambre, na mesmísima desembocadura do río Tambre.

 

actividad04Á praia:

a primeira praia desde a casa está a sete minutos en coche; ideal para ir con nenos, aparcas o coche a pé de praia, tes bares para xeados ou racións e tamén una zona de monte para facer barbacoas, un pequeno parque infantil e un precioso paseo pola beira dun cantil, precioso aínda que non estea o día para bañarse na praia

E despois da primeira non perdas unha en cada revolta da costa, ata Fisterra a estrada discorre pegada ao mar, para que podas gozas desta marabillosa paisaxe entanto viaxas.

Non esquezas para na praia de Carnota, os seus máis de 7 km. fan dela a maior de Galicia, as súas numerosas entradas han te levar a unha praia diferente de cada vez; e se queres a parte tranquila, entra por Boca de Río e deléitate coas súas dunas e lagoas.

Desde a casa de Roque podes estar en Carnota en 35 minutos se tomas a estrada do interior, que che dará, ademais a oportunidade de contemplar unha das máis marabillosas paisaxes da costa galega, ideal para fotografar desde o miradoiro.

.

Ao porto:

No mesmo concello de Outes encontrarás o precioso porto do Freixo, cunha importante produción marisqueira, comer ameixa ou berberecho recén extraído do mar é un luxo que poderás permitirte en calquera das encantadoras tabernas do porto, e a uns prezos inmellorables. Se o que queres é dar un paseo en barco deica as bateas de mexillón ou ver a descarga do peixe na lonxa do porto no atardecer, daquela achégate a Muros.

Por aldeas e vilas pintorescos:

actividad06A sete quilómetros de Outes encontrarás a vila medieval de Noia. Un paseo polas súas rúa con soportais ou unha visita ás súas prazas e igrexas a vos transportarán a outras épocas, e ademais ten mercado xoves e domingos, es ideal para pasear e ir de compras. Imprescindible nesta vila medieval é visitar o edificio do concello, co seu claustro interior, no paseo da Alameda; a igrexa de San Francisco; a de Santa María a Nova, coa súa exposición de laudas gremiais única ; ou a excepcional igrexa de San Martiño, coa súa inesquecible praza do Tapal enfronte. Noia ten ademais moita fama por las riquísimas empanadas que se preparan nas súas numerosas tascas e bares, das que soen servir unha porción gratis coa consumición..

Muros: A vila mariñeira mellor conservada de Galicia, rúas estreitas, empedradas, mirando ao mar, porto pesqueiro, bateas de mexillóns, soportais que resgardan pequenos bares e restaurantes, igrexas colgadas da montaña, restos arqueolóxicos. Esta a media hora da casa, polo interior, con impresionantes vistas sobre a vila desde o alto, ou a 40 minutos bordeando a costa pasando por todos as aldeas, vilas, praias e arnelas.

actividad03De turismo arqueolóxico e cultural:

Galicia ten un rico e excepcional patrimonio arqueolóxico. Podemos desfrutar de coñecer como vivían os nosos antepasados celtas mercé aos innumerables castros, moitos deles escavados e visitables. Cerca de casa de Roque encontrarás un dos castros máis coñecidos de Galicia polas súa impresionante ubicación; o Castro de Baroña, a media hora de casa de Roque, permitirá, ademais, que coñezas as salvaxes praias da costa de Noia a Ribeira; e tamén multitude de petróglifos en Porto do Son, arcas megalíticas na especial Serra do Barbanza; en Ribeira o Dolmen de Axeitos; todo na mesma zona do Castro de Baroña,

Outra ruta posible, será o dolmen de Dombate, que inclúe, ademais do orixinal, unha réplica visitable; en Cabana de Bergantiños. Desde este dolmen poderás aproveitar e achegarte ao castro de Borneiro, moi próximo de Dombate.

En Muros poderás mergullar nos enigmáticos gravados rupestres da Cova da Bruxa e A Laxe das Rodas.

.

Paraisos da Naturaleza:

actividades07Toda Galicia é paisaxe, nós, os galegos soemos dicir moitas veces, diante do marabilloso espectáculo da nosa terra "Que pouco o valoramos e que bonito é", porque mires para onde mires te inunda o verde de prados e bosques e a auga reborda en cada fendiña, todo é ríos, mares e fervenzas. Determinados espazos son considerados de especial protección polo seu interese paisaxístico, natural ou cultural; dentro destes espazos da natureza, recomendámosche dous moi cerca de casa de Roque. Monte e lagoa de Louro, ao lado de Muros.

Monte Pindo, o monte sagrado recollido no himno galego, o Olimpo Sagrado dos celtas, e non é para menos, 627 metros de altitude coroadas polas zoomórficas rochas de A Moa, cunha visión impresionante sobre o esteiro de Ézaro, onde tamén poderás desfrutar coa única cascada de Europa que desemboca directamente no mar.

O parque natural das Dunas e lagoas de Corrubedo non se inclúe na rede Natura 2000, pero sen dúbida para a pena visitalo, poucos quilómetros despois do Castro de Baroña localízase este complexo dunar que esconde dúas lagoas alimentadas por rios e polo mar que golpea a súa preciosa praia

.

Cidades

actividad05A Cidade: Santiago de Compostela está situado a menos de media hora, gozar de visitar a cidade vella, os seus moitos bares de tapas e relaxarse nos seus moitos parques. Se queres fóra de pistas normais, póñase en consultalo-lo antes de saír.

A Coruña, a só unha hora no interior de Mount St Peter vólvese para a cidade tras un paseo e parando en os seus monumentos máis emblemáticos antes de pasear polas rúas deixando o impresionante Praza de María Pita.

Pontevedra, unha hora de Santiago estrada, coidadosamente restaurada descubrir unha cidade, que teñen valido a pena as moitas prazas, cunha animada vida nocturna nos seus terrazas.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia