A casa

Combinando as comodidades máis modernas co ambiente máis tradicional, ofrecémosche sete cuartos duplos con baño competo.

Dous deles son con xanelas de teito: o "Cuarto de Sol", o máis amplo da casa, é un dormitorio especial, cun baño de hidromasaxe e un lavabo de madeira no mesmo espazo do dormitorio. Ten unha pequena xanela baixa e unha ampla claraboia no teito, ideal para contemplar as estrelas desde a cama.

Un dos cuartos está na planta baixa, o que permite o acceso a persoas con mobilidade reducida.

Os cuartos son todos exteriores, cunhas fermosas vistas ao quinteiro axardinado que rodea a casa, cheo de árbores froiteiras, e máis ao monte que protexe a aldea.

Dispomos dun acolledor comedor na planta baixa, a carón da lareira que os cliente poden prender coa leña que teñen ao seu dispor no garaxe, para que podan gozar dun ambiente moi agradable. Combinado coa lectura dalgún dos numerosos libros que poderás atopar na libraría da sala, é un bo momento para descansar dun día de visitas turísticas.

Na modalidade de aluguer por casa completa existe tamén a posibilidade de preparardes unha boa barbacoa no porche traseiro e de gozar de actividades ao aire libre no quinteiro da casa.

Tamén podedes vir co voso can (previa consulta) por un suplemento de 5 €

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia