Cuarto do Tío Cura

Esta habitación foi a sala de estar do primeiro andar.

A sala normalmente tiña pouco uso, reservábase para os banquetes dos días das festas e como cuarto das costureiras, cando viñan á casa facer a roupa para os membros da familia.

Esta sala estivo habilitada para un invitado ilustre: o irmán do meu bisavó, o tío cura da miña aboa Carme. Esta habitación é moi luminosa, decorámola en tons amarelos, con papel pintado nunha das paredes e coa pedra vista na parede do balcón.

A cama, de 1.35 m, e máis os mobles son moi antigos e pertenceron sempre á familia. O cuarto de baño, con xanela, é moi luminoso e alegre, dispón de bañeira de hidromasaxe.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia