Cuarto de Sol

Atópase no baixo cuberta, polo que ten o teito inclinado, recuberto de madeira e coa estrutura das trabes á vista. Dispón dunha xanela no pinche e dúas velux no teito, , unha no dormitorio e outra no cuarto de baño. É a habitación mais grande da casa, no baixo cuberta só hai dous cuartos e o de Sol ocupa máis da metade do espazo total.

A distribución desta habitación é un pouco especial, ten unha cama de 1, 50 cm., unha bañeira de hidromasaxe e un lavabo de madeira no mesmo espazo do dormitorio, con cuarto de baño á parte. O cuarto de Sol, ademais de ser unha habitación moi romántica, ideal para parellas, tamén é unha habitación moi familiar, xa que a súa amplitude permite que se podan instalar dúas camas individuais máis, de 90 cm, e incluso un berce ao mesmo tempo, aínda que naturalmente o espazo vese reducido, o mais cómodo nestes casos, sempre que a idade dos rapaces o aconselle, é repartir á familia entre o cuarto de Sol e o de Lúa para os pequenos, de xeito que fica a familia toda xunta, nun andar completo só para ela.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia