Cuarto de Palmira

Esta habitación atópase situada na planta baixa da casa. Denomínase así porque ese era o nome da última xornaleira que os meus avós tiveron vivindo na casa antes de que a vellez e os cambios sociais rematasen co cultivo das terras propiedade da familia.

É un cuarto moi luminoso, con xanela no dormitorio e no baño. Está decorado en tons verdes e amarelos, con papel de parede na zona da cabeceira da cama e no espazo da sala. Ten unha cama de 1,50 m. O cuarto de baño ten ducha.

A súa situación na planta baixa e con porta corredoira no cuarto de baño fai que sexa accesible a persoas con mobilidade reducida.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia