Cuarto de Madriña

O mellor recordo que teño da miña madriña son as súas patacas fritas onduladas. Cortábaas cunha lata con ondas que tiña o borde afiado, supoño que a traería de Alemaña, como o fervedor eléctrico do leite, o pasapuré e algunha outra cousa curiosa que había pola casa e que trouxo cando volveu da emigración.

O seu cuarto era un lugar prohibido para os nenos, o seu enorme armario de tres portas estaba ateigado de roupa de cores, traxes, panos da cabeza, e outras cousas que non se podían tocar. Eu, meus irmáns e os meus primos, os seus fillos, que eramos moi atravesados, decorámosllo con cromos e autocolantes, algún aínda lle quedou, que non o dei arrancado, e alí o podedes ver.

As mesas de noite tiñan zapatos e a cama era tan voluminosa que a cambiamos para que quedara mais espazo no cuarto. Así que o cuarto da miña madriña é hoxe unha ampla habitación con dúas xanelas no dormitorio, en parede de pedra á vista e con un cuarto de baño interior con lavabo en moble de madeira e baño de hidromasaxe. Posúe unha cama de 1.35 m, con cabeceiro antigo en madeira de castiñeiro. Asemade dispón de espazo para un berce ou unha cama supletoria, cando é necesaria.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia