Cuarto da Cheminea
Como o seu nome indica este cuarto atópase xusto enriba da lareira, e a subida da cheminea ocupa parte da parede do fondo.
Antes da reforma este era tamén o cuarto das huchas, xa que nel se gardaban os baúis coa roupa branca e as mantas.
É unha habitación ampla e luminosa, con xanela no dormitorio e no cuarto de baño.
Ten unha cama de 1,35 en madeira de castiñeiro, a xogo coas mesas de noite, que xa formaban parte do mobiliario da casa en tempos dos avós. Dispón de espazo suficiente para poñer unha cama supletoria se é preciso.