Cuarto da Avoa

O cuarto da miña avoa era antigamente o mais grande da casa, porque ocupaba tamén o espazo do que hoxe é o baño do cuarto da cheminea.

Tiña, ademais da cama de matrimonio, un berce e unha cama pequena para os nenos, a miña nai lembra que cando algún estaba enfermo podía durmir na habitación dos pais, e no berce sempre había un bebe, porque a miña avoa tivo seis fillos.

O cuarto da avoa ten dúas xanelas no dormitorio. A cama, de 1.5 m, ten o cabeceiro de forxa de ferro. Aqui a parede ten a pedra á vista, o resto do cuarto está pintado en tons cálidos. O armario e as mesas de noite altas son reliquias familiares con máis de cen anos de coidado uso.

O cuarto de baño, en tons azuis e branco é interior, tamén dispón de bañeira de hidromasaxe.

  

 

 

reservas

facebook

casa-rura-galicia